A Dirección Xeral de xustiza remite a CCOO e ao resto de organizacións sindicais o seguinte correo:
"Seguindo instrucións do Director xeral remíteselle para alegacións, borrador da convocatoria da bolsa de persoal interino. O prazo para facer achegas é ata o próximo venres 13 de marzo ás 14:00 h. Esta Dirección xeral vai darlle prioridade á publicación e resolución da convocatoria dado que como saben as bolsas actuais están esgotadas o que dificulta enormemente a cobertura das prazas por ausencia do titular ou no caso de vacantes.
En canto á Orde que regula a bolsa, a data de publicación no DOG está prevista para o próximo martes 17 de marzo. Respecto da súa tramitación a Orde atende ao establecido na LOFAXGA, con negociación sindical en mesa sectorial do 17.01.2024, 23.05.2024, 17.07.2024 e 4.02.2025. No portal de transparencia no apartado normativa en tramitación, foi publicitada durante o período comprendido entre o 16.10.2024 e o 24.10.2024. O texto conta cos informes favorables do Consello Xeral do Poder Xudicial, da DX de Promoción da Igualdade, da DX de Emprego Público e Administración de Persoal, da DX de Orzamentos e Financiamiento autonómico e por último da Asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia. O retraso na aprobación da Orde entre o inicio do expediente e súa aprobación final estivo condicionado polo desenvolvemento da Nova Oficina Xudicial."
.- Para ver o borrador da convocatoria, preme aqui
