Con data 03/02/2026 celebrouse en Santiago a mesa sectorial de xustiza coa asistencia da Dirección Xeral de Xustiza e os reprentantes das sete organizacións sindicais e coa seguinte orde do día:
1.Seguimento e avaliación da Nova Oficina xudicial en Galicia.
2.Rogos e preguntas .
- O Director Xeral informou:
.- FASE I. Salvo nalgún partido xudicial que tivo moratoria, os Tribunales de instancia están xa implantados. Dí que é consciente das incidencias e deficiencias que hai a día de hoxe .
Unha vez rematen coa implantación , intentaran agrupar as oficinas de xustiza do municipio e algunha delas poderán apoiar as oficinas de Rexistro civil.
.- FASE III . Presentan un novo cronograma da implantación que foi consensuado cos xuíces e os LAX. A implantación comezará nas cidades máis grandes( A Coruña e Vigo).
Ata o 12 de febreiro produciranse os cambios tecnolóxicos e a partir do 12 de febreiro terán lugar os cambios físicos.
En primeiro lugar afectará aos servizos máis críticos: guardias, rexistro e reparto, violencia...
O 81% destes funcionarios xa teñen os permisos coa excepción do Servizo Común Xeral da Coruña onde os LAX non teñen claro que tipo de permiso debe ter o persoal pertencente ao corpo de auxilio xudicial , si un máis restrinxido ou ,polo contrario, máis amplo.
Hai un gran número de incidencias : Lexnet, Siraj, presentación de atestados en violencia , exhortos.... e admite que hai falta de coordinación entre os LAX.
.- COMISIÓN MIXTA da sala de Goberno do TSXG.
Nesta Comisión presentaron o novo cronograma da implantación na fase III, falaron dos problemas do persoal de auxilio , a reubicación do persoal...
O Director dixo que estas RPTs no son definitivas e que no segundo semestre do ano modificaranse en canto ao número de funcionarios. As distintas áreas teñen que comezar co persoal que teñen agora e logo ver as necesidades de reforzo . Contemplan a posibilidade de modificar tamén as RPTs da Audiencia e do TSXG e a instalación do servizo de videoconferencia en todos os xulgados comarcalizados e nas vilas.
Xa está contratada toda a nova sinalización, que se instalará unha vez ubicado todo o persoal.
Cada Comunidad Autónoma explicou a implantación no seu territorio da NUMO.
Vaise a asinar o 2º convenio para a implantación do programa Atenea. Dí que este novo programa informático é moito máis áxil e intutitivo.
Crearase un grupo de traballo para a asistencia xurídica gratuita.
Supresión do grupo IV nas Oficinas de xustiza do municipio que pasarán ao grupo III.
. - CREACIÓN DE NOVAS PRAZAS DE XUÍCES.
O Ministerio anunciou recentemente a creación de 500 unidades xudiciais. O Director di que se enterou pola prensa . Agora danlle 15 días para facer alegacións. Considera que tan só 19 prazas para Galicia e un número insuficiente e pedirán máis prazas para a nosa Comunidade .Antes do luns, as organizacións sindicais podemos trasladarlle a nosa proposta de prazas.
Desde CCOO trasladamos a DXX o gran malestar e confusión que esta a causar en todo o cadro de persoal de xustiza a implantación da NUMO. A entrada da Lei de eficiencia organizativa está a supor un desastre na súa xestión. A amplia casuística é de tal grado que resulta case imposible sintetizar en poucos puntos a vulneración de dereitos constante e o desbaraxuste que está a producirse na Xustiza e como a determinación de funcións abusiva e arbitraria por parte dalgúns Lax está a ser o principal motivo de enfado do cadro de persoal .
Desde CCOO requerimos :
. si a liberdade dada aos Lax pode supor mobilidade entre diferentes sedes xudiciais, entendidas como edificios, como está a suceder.
.cómo se están canalizando as solicitudes de permisos para as aplicacións, que están a impedir o normal desenvolvemento do traballo diario, facendo incluso que algún funcionario traballe co usuario de outro.
.si a DXX vai a actúar de interlocutora para procurar un procedemento unifome en todas as cidades, por escrito e con respecto a todos os dereitos laborais.
.
Desde CCOO denunciamos o cese do persoal de reforzo no caso da praza núm. 3 de Santiago de Compostela. . Nesta cidade creouse unha nova sección de violencia de xénero, un órgano comarcalizado que atenderá unha ampla zona territorial, pero sorpresivamente a nova sección unicamente levará os asuntos iniciados a partir de 2026 e a pendencia de asuntos anteriores recaerá no antigo xulgado de instrucción núm.3, ahora denominado Praza núm. 3, e esta carga de traballo debe facela sen reforzos de persoal, pese as reiteradas solicitudes de nomeamento de persoal de reforzo. Desde CCOO reiteramos a necesidade de nomeamento de reforzos para este órgano.
Rogos e preguntas.
. Prazas a ofertar nos procesos selectivos: estan valorando ofertar todas as prazas vacantes que se vaian producindo, solicitando a opinión das OOSS.
. Comisións de servizo : os informes teñen que facelos o Lax director e si hai áreas estruturales o Lax/ director da área. Nesta semana publicarán nova oferta de prazas.
. Teletraballo: neste mes remitirán o borrador para facer alegacións .
. Bolsa de persoal interino: algunhas bolsas estan xa esgotadas, sen persoal baremado, pero non dan datas sobre a convocatoria de novas bolsas.
. Formación de carácter tecnolóxico será impartida por Amtega.
