Con data 27/02/2026 a Dirección Xeral de Xustiza comunica a CCOO e ao resto de organizacións sindicais que o vindeiro 03/03/2026 está prevista a publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nas Fiscalías de Galicia.
Os postos convocados son os seguintes:
– Coordinador/a da oficina fiscal na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela con código XG9257804015770601.06
– Responsable de estatística, rexistro e calidade na Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia con código XG9257702015001602.07
