Implantación dos Tribunais de Instancia en Galicia: 2 de xaneiro, de forma gradual


30 dic 2025




A partir do 2 de xaneiro, sobre o papel e segundo o establecido na Lei de eficiencia, debera ter entrada en vigor a NUMO e os Tribunais de Instancia. Pero a precipitación nos cambios e a magnitude dos mesmos, non foi ben calculada, están case que todos os procesos informáticos sen preparar para o arranque do novo modelo, e, sobre todo, produciuse un retraso intolerable nos Protocolos de Actuación, que non foron negociados polos Secretarios Coordinadores, e foron transmitidos a menos dun mes vista da aplicación da lei, contendo, ao noso xuízo atribucións de funcións que non lles corresponden, e que invaden o marco normativo que regula os corpos xerais de xustiza.

Por parte da Dirección Xeral, en reunión informativa, comunícasenos que, ante tal cúmulo de despropósitos, precisan da nosa colaboración para transmitir tranquilidade ao cadro de persoal, cousa difícil, cando a improvisación parece que vai ser a tónica dominante.

En calquera caso, do 2 de xaneiro ao 31 de marzo, vaise desenvolver a NUMO en catro fases, sen un cronograma concreto:

- Primeira fase: para os que veñen en chama “críticos”, é dicir os que cambien de orde xurisdicional, os que fagan gardas, os instrucións, os de violencia e todos aqueles aos que se lles teña que conceder permisos en Minerva e no resto de aplicacións de forma inmediata.

- Segunda fase: persoal dos servizos xerais e no servizo de comunicacións, é dicir, todo o que afecte a reparto e actos de notificación, ademais de familia por mor dos internamentos.

- Terceira fase: que é a que se prevé de maior impacto, e que dá a sensación que vai ser un descontrol, que é toda aquela que afecta aos servizos de tramitación e execución, é dicir, os Tribunais de Instancia en sentido estrito.

- Cuarta fase: máis sinxela de aplicar, a que afecta as Audiencias e o TSXG.



O día 2 de xaneiro ninguén cambiará fisicamente de posto de traballo, nin cambiarán os seus permisos de acceso.



Novidades nas retribucións

Na nómina de xaneiro cobrarase o primeiro prazo da suba do complemento específico derivados da implantación dos Tribunais de Instancia, os 90 euros, dos 225 euros totais que foron pactados con CCOO, USO,STAJ, Alternativas, CSIF e UXT, xunto co 4% pactado do acordo estatal con CCOO, UGT, e CSIF.

A mediados de xaneiro cobrarase unha “nominilla” co 2,5% con efectos retroactivos dende xaneiro de 2025 comprometido co acordo con CCOO, UGT e CSIF.