A presión sindical fai que a reunión da mesa
comece con un único punto da orde do dia, a negociación do CAT.
Á reunión non asistiu o Conselleiro de Xustiza,
se ben a Dirección Xeral propuxo unha oferta sobre o CAT.
A presión sindical na Mesa forzou ao director
xeral a incrementar a cantidade inicial irrisoria ata a contía de 200€ mensuais
de media para cada corpo a catro anos.
Tras varios intentos de acercamento, nos que os
sindicatos insistimos que o pagamento debería ser como moito en tres anos e
comezar no 2025, conseguimos que a Dirección
Xeral de Xustiza mellorase a contía ata os 214 € mensuais e acurtara o prazo a
pagar a tres anos (33,33% cada ano).
Porén as sete organizacións sindicais consideran
insuficiente ditas porcentaxes, dado o retraso que levamos respecto doutros
territorios, que moitos levan cobrando dende o ano 2024.
As Organizacións Sindicais propuxemos unha
contraoferta de 225 euros que fose a tres anos comezando o último trimestre de
2025 cunha porcentaxe do 33% por ano, ou ben a dous anos empezando en 2026
cunha porcentaxe de o 60% o primeiro ano e o 40% o segundo.
Comunicada a contraoferta, a DXX quedou en facer
as consultas oportunas e convocarnos nos vindeiros días.
Compostela, 24 de marzo de 2025.