Con data 02/05/2024 saiu publicada na intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación:
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web opax.xunta.es.
Para ver a resolución completa, preme aquí