Non ampliación do prazo para acceder á traxectoria profesional


30 abr 2024


 



A Dirección Xeral de Xustiza remitiu a CCOO e ao resto das OOSS, o seguinte mail , contestando por escrito á petición feita por CCOO solicitando a ampliación do prazo para acceder á traxectoria profesional :



Bó día,

 

Visto o solicitado en relación á ampliación do prazo para acceder á traxectoria profesional infórmase que non é posible atender a dita solicitude. A falta de lexislación estatal a través de Real Decreto que regule a carreira profesional, as diferentes convocatorias de traxectoria profesional requiren de Acordo do Consello da Xunta previo acordo sindical.

 

Así, a convocatoria vixente foi negociada nos termos autorizados polo Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024. A este respecto, na negociación preceptiva estivo sobre a mesa a posibilidade de retrasar a convocatoria, ao descoñecerse a data exacta de resolución do concurso de traslados (posición que se mantivo por parte desta Dirección Xeral), pero esta opción foi desbotada pola maioría da representación sindical da Mesa sectorial.

 

Polo tanto non é posible modificar o dito prazo, para que poidan acollerse os funcionarios da Administración de xustiza que veñen por concurso do corpo de Xestión e de auxilio, posto que o prazo imposto é improrrogable, todo esto sen prexuízo de solicitar por todos os sindicatos que se deixe sen efecto a convocatoria posta en marcha e negociar un novo acordo que deberá ser posteriormente autorizado polo Consello da Xunta.

 

Un saúdo