Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante o sistema de substitución entre titulares


8 feb 2024


 






Saíu publicada na intranet de xustiza, con data do 8 de febreiro de 2024, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.




Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es



O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da     publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.



 Para ver a resolución completa, preme aquí