Hoxe saíu publicada a Resolución do 11 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza(http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Conselleríade Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.
Para ver a Resolución completa, preme aquí