A Dirección Xeral de Xustiza convoca a CCOO e ao resto de organizacións sindicais representadas na mesa sectorial a unha reunión presencial, o próximo día 8 de novembro de 2023 , as 11.00 horas coa finalidade de aclarar a aplicación en Galicia da Circular Informativa da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza sobre o cese das medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativa para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza publicada o pasado venres 27 de outubro.