Nova oferta de prazas para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre titulares


11 ene 2023








Publicouse na intranet de xustiza, con data 11/01/2023 , a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre titulares.

Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.


O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

. Para ver a Resolución completa , preme aquí