Novos avisos de desocupación de postos mediante substitución entre titulares


15 dic 2022


 




 Con data 14/12/2022 saiu publicada na intranet de xustiza a  Resolución da Dirección Xeral de Xustiza , pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre titulares


 Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, ou en caso de fallo acreditado do sistema, as solicitudes conforme ao Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022, e se for o caso a documentación ou alegacións, deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

 O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución na intranet de Xustiza e na web da Consellería.

                       

Para ver a Resolución, preme aquí