Hoxe publícase no DOG a Resolución do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 3 de novembro de 2022 polo que se aproba o Acordo do 28 de outubro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CIG E CC.OO para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza .
A Dirección Xeral de Xustiza comunicou a CCOO e ao resto das organizacións sindicais que hoxe, xoves, 17 de novembro, remítirase ao Consello da Xunta a Convocatoria do grao I e II da traxectoria profesional , e no caso de que se aprobase, podería publicarse, mañá venres no DOG, abríndose a partir da dita publicación, o prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes.
. Para ver o Acordo da traxectoria profesional, preme aquí