Formación: actívase o Plan de Reforzo do Coñecemento AXE na súa versión en liña.


20 sept 2022


 





 

Publícase na intranet de xustiza que está dispoñible na Plataforma de Teleformación de Xustiza o Plan de Reforzo AXEversión en liña, que complementa a formación que se está a impartir de xeito presencial. Poderás matricularte na dita actividade tendo en conta a data asignada ao teu órgano:

  1. Martes 20/09:

    • Grupo 1: xulgados de instrución, penal, menores, violencia sobre a muller e vixilancia penitenciaria.
    • Grupo 2: xulgados de primeira instancia e instrución.
    • Grupo 3: seccións da AP e TSXG


  2. Xoves 22/09:

    • Grupo 4: xulgados do social.
    • Grupo 5: xulgados do contencioso-administrativo.
    • Grupo 6: xulgados de primeira instancia.


Para poder completar o proceso de automatriculación, terás que introducir unha chave que recibirá previamente o órgano mediante correo electrónico . Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. A continuación atoparás unha táboa cos contidos do Plan de Reforzo en liña.

Ademais, continúan dispoñibles as pílulas formativas en liña de acceso aberto, que che solucionarán as dúbidas relacionadas coas funcións que desempeñas no día a día no teu posto de traballo.