Publicada a resolución coa adxudicación das últimas prazas ofertadas mediante substitución entre titulares


28 sept 2021


 








Saíu publicada na intranet de xustiza , con data do 28/09/2021, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución, relativa á oferta publicada o 22/09/2021.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na  resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.



Para ver a Resolución preme aquí