A Dirección Xeral vén de remitir novas vacantes que se remitirán ao Ministerio para o vindeiro Concurso de traslado dos corpos xerais, que se publicará non antes do 20 de setembro, e que se suman as xa trasladadas que podedes consultar aquí.
CCOO insiste en denunciar a vergoñenta xestión que está a facer o Ministerio de Xustiza, tanto no incumprimento da obriga legal de convocar o concurso nos tres primeiros meses de cada ano con todas as vacantes, como no escandaloso retraso nas ofertas de emprego público, actualmente pendentes da convocatoria da OEP de 2019.
XESTIÓN: XDO 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE VERÍN (OURENSE)
XESTIÓN: XDO PENAL Nº1 FERROL (A CORUÑA)
XESTIÓN: XULGADO INSTRUCIÓN Nº 2 (PONTEVEDRA)
TRAMITACIÓN: AUD PROV SECCIÓN 1ª A CORUÑA
TRAMITACIÓN: XDO 1ª INSTANCIA E INSTRUCCIÓN Nº1 SARRIA (LUGO)
TRAMITACIÓN: XDO INSTRUCIÓN Nº3 (LUGO)
TRAMITACIÓN: DECANATO SERV COMÚN VIGO (PONTEVEDRA)
TRAMITACIÓN: DECANATO VIGO (PONTEVEDRA)
AUXILIO: XDO 1ª INSTANCIA Nº3 FERROL (A CORUÑA)
AUXILIO: XDO PAZ MONTERROSO (LUGO)