A ausencia do persoal técnico que traballou nesta reforma, por causas de forza maior, motivou a petición practicamente unánime da suspensión convocatoria, co compromiso dunha nova convocatoria no menor prazo posible.
Dende CCOO defendemos:
- A modificación da orde de interinos, que debera ser urxente e prioritaria; os problemas derivados dos chamamentos realizados a través do SPEG non terán solución en tanto no exista unha bolsa.
- Os problemas de falta de axilidade na cobertura de prazas están a provocar sobrecargas de traballo e retrasos no servizo público inasumibles.
- A situación non se vai solventar unicamente cunha unificación de criterios nas delegacións, que non dubidamos que poñen a mellor das intencións no seu aspecto técnico, se non cunha combinación de actuacións que dependen de vontade política:
1. A supresión da limitación dos 6 meses en servizo activo para poder optar a unha substitución
2. A regulamentación referente a substitucións e comisións de servizos, estancada a súa negociación dende hai meses á espera dun informe xurídico.
3. Unha modificación da orde de interinos que axilice os nomeamentos, revisable e consensuada.
4. Un debate amplo no seo da Comisión de seguimento de interinos, co fin de chegar a consensos e solucións concretas que non dilaten máis esta situación.