Reunión Comité de seguridade e saúde 15 de abril de 2021


16 abr 2021



 


Nesta nova reunión presidida polo Director Xeral, e coa asistencia dos delegados e delegadas de prevención dos diferentes sindicatos, comentáronse diversos temas de interese, centrados principalmente na afectación que a pandemia ten na nosa administración.

Vacinación.- Mugeju enviou a todos os servizos de saúde autonómicos a relación de persoas da mutualidade, polo que non debería haber problemas para ser chamadas, coma o resto das persoas xa pertencentes ao Sergas. O persoal da administración de xustiza, excepto, médicos forenses, non estamos considerados coma persoal de servizos esenciais, polo que imos co calendario xeral de vacinación. Dende CCOO exiximos a inclusión por parte do Ministerio de Xustiza, en igualdad de condicións que forzas de seguridade e profesorado, dada a atención ao público prestada.

Medidores CO2.- A Administración dixo que ía a estudar esta cuestión, inda que avanzou que xa se levan gastados mais de tres millóns de euros, en diferentes medidas relacionadas coa protección do covid 19 (máscaras, xeles, mamparas,…).

Acceso edificios xudiciais.- CCOO expuxo a sua preocupación pola gran cantidade de público e profesionais que se acumula nos edificios, co motivo do sinalamento de xuízos. Creemos que se pode reducir esta afluencia, se os xuíces dos diferentes órganos, calculan mellor o tempo de duración das vistas, co que evitaríase a acumulación de público e profesionais que veñen a xuízos diferentes, e tamén reduciríase o tempo de atraso e polo tanto de permanencia destas persoas no interior dos edificios. Esta cuestión debería ser tratada pola Comisión Mixta, integrada pola Xunta e TSJ, dado que é este último o que podería remitir unha recomendación de carácter xeral sobre esta cuestión.

Teletraballo.- Unha vez sexa publicado no BOE o acordo nesta materia na administración de xustiza, falarase sobre a aplicación na nosa comunidade.

Expurgo.- Saíu convocado un cuantioso concurso de servizos para que empresas privadas procedan o expurgo de arquivos xudiciais, nas catro provincias. O concurso está dotado con 860.000€, e desenvolveríase no presente ano.