Publícase hoxe no DOG a Resolución do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado publico, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 31 de marzo ao 9 de abril de 2021.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h.
Edicións: unha.
Datas: do 20 de abril ao 17 de xuño de 2021.
Para ver a Resolución completa, preme aqui