CCOO Xustiza celebra a sentenza que reafirma o dereito de acceso á traxectoria profesional ao persoal interino


26 mar 2021



 


Para descargar esta nota en pdf preme aquí


Onte coñeceuse en diversos medios de comunicación a nova de que unha sentenza recoñece o dereito ao cobro da carreira profesional por parte do persoal interino. Dende CCOO felicitamos á  organización sindical que o conseguiu, como a calquera outra que pule pola consecución de logros que melloren as condicións laborais das persoas que desenvolven un servizo público esencial, como é a Xustiza.


Sinalar dende CCOO que :


- Dende o primeiro momento no ámbito do acordo histórico de traxectoria profesional único no Estado para acadar o cobro de cantidades próximas aos 100 euros para cada corpo, mensuais e só para o primeiro grao, con incrementos progresivos, os sindicatos asinantes, CCOO, SPJ-.USO e UGT insistiron na necesidade de que o persoal interino cobrase de forma inmediata e nas mesmas cantidades que o persoal titular, algo que a Xunta non quixo recoller.


- No acordo da traxectoria profesional vén literalmente recollido: 

Unha vez acadado o acordo necesario na Mesa Xeral de Función Pública de Galicia, ao persoal interino aplicaráselle o sistema de traxectoria profesional nos mesmos termos que para o persoal interino da Administración autonómica. 

Non houbo polo tanto abandono, se non negociación e presión para a súa inclusión


- De non terse dado este acordo de carreira profesional nin os titulares na súa aprobación, nin os interinos vía sentenza ou en próxima mesa de negociación, terían acceso a maior suba retributiva dende a creación do CAT no persoal de xustiza de Galicia.


- Consideramos prioritario que a Mesa Xeral de Función Pública asuma e extenda a todo o persoal público de Galicia, titular ou interino, o dereito á carreira profesional de carácter inmediato e non recorra a sentenza, para evitar o pago de custas de forma innecesaria a cargo do erario público, e porque é o que procede en dereito.


Para CCOO é esencial que os esforzos dos delegados e delegadas sindicais focalicen o seu traballo nas melloras das nosas condicións de traballo que, necesariamente, redundarán en melloras de servizo público e, dende o respecto a posicións sindicais diferentes, apelamos ao mantemento das formas para recuperar a concordia construtiva, tendo claro que os dereitos se arrancan da patronal e non dos compañeiros, e o rédito tratando de tombar a quen te acompaña no mesmo lado da mesa de negociación é un erro que nos debilita e desacredita en conxunto. Mirar atrás impide avanzar.


Por último queremos incidir na nosa posición de defensa do persoal interino, que por sentenzas europeas se lles recoñecen os mesmos dereitos que o titular salvo a fixeza no posto, e proba disto foi a idéntica sentenza gañada por CCOO no ámbito da sanidade para a extensión de efectos ao persoal eventual do SERGAS da traxectoria profesional, asinada entre varios sindicatos, incluído o que gañou a sentenza no ámbito autonómico, e que excluía igualmente no acordo aos que non fosen titulares de praza fixa, como podedes consultar aquí:

CCOO logra que más de 20.000 profesionales de la Sanidad Púbica Gallega sean incluídos en la carrera profesional