Publicouse no DOG do 08/03/2021 a Resolución do 5 de marzo de 2021 pola
que se convocan as actividades de formación continua en materia de
igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das
administracións territoriais, institucionais e entes públicos
instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o
persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e
servizos (PAS) das tres universidades galegas.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán
realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da
data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55
horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas
unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para ver a Resolución completa, preme aquí