Hoxe publícase no DOG a Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola
que se convocan as actividades de formación continua en materia de
idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da
Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da
Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza,
das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das
universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
Para ver a Resolución completa, preme aquí