CARREIRA
PROFESIONAL
O Acordo do 23 de maio de 2018 entre
Administración da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CCOO, UGT e SPJ USO, inclúe na cláusula
décima o compromiso da implantación dun sistema de CARREIRA PROFESIONAL para os funcionarios da administración de
Xustiza en Galicia.
A lei
3/2018 de 26 decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, na Disposición Adicional única, ven a dar cobertura legal e recolle un
sistema de carreira profesional para os funcionarios de xustiza dentro do
respeto a normativa do Estado.
O Acordo
de concertación de emprego público de Galicia, (15/01/2019) firmado por CCOO e UGT, sirve de base a
configuración dun sistema transitorio para o persoal da xustiza en Galicia. Os Orzamentos da Xunta de Galicia para o
ano 2020, dotan económicamente a carreira Profesional.
CCOO (tamén UGT e SPJ -USO) reclamamos en cada unha
das reunións da Comisión de seguimento do Acordo ao longo do ano 2019, que se fixera efectiva a cláusula
décima do Acordo, a única que quedaba
por desenrolar e unha das mais importantes a nivel económico.
A carreira profesional na CC.AA Galega, nunca
figurou na axenda sindical dos sindicatos corporativos e doutros máis, foi unha
proposta de CCOO, UGT e SPJ –USO e asi se plasmou no Acordo asinado por CCOO e
estas organizacións sindicais, o pasado 23 de maio de 2018 na súa cláusula 10.
CCOO informou
da Carreira Profesional nas distintas asembleas celebradas, e das melloras
económicas que a súa implantación
podería traer a todos os traballadores da xustiza en Galicia fronte a outros
sindicatos que non asinaron o Acordo.
Ata agora só a Comunidade Valenciana o intentou e
ten algo
parecido, chamado “Plan de Actuación” que por certo sufriu bastantes vicisitudes grazas as
maniobras dalgúns.
Aqueles que viñeron entorpecendo a implatanción da Carreira Profesional nas CC.AA con
alegacións á LOPJ canalizadas a través de grupos políticos ó Senado en 2018,
fixeron un flaco favor aos traballadores , retrasando sine die a súa implantación.
A día de hoxe o Ministerio de Xustiza non contempla a medio prazo a implantación da
carreira profesional.
En Galicia, despois do Acordo negociado na Mesa
Xeral coa Xunta e tendo unha cantidade xa consignada nos orzamentos deste ano
, temos a oportunidade de avanzar, polo
que si alguen prefire esperar a que poida vir de Madrid, despois do AVE, que
espere, en todo caso unhas das señas de identidade da carreira profesional,
desta e das que xa estas implantadas noutros ámbitos ,é a súa voluntariedade
( é un dereito, pero non unha obriga).
CCOO, está a traballar para presentar dentro do prazo concedido as alegacións
a esta proposta remitida pola Xunta da
que vos manteremos informados.
BORRADOR PROPOSTA XUNTA
BORRADOR PROPOSTA XUNTA
PROPOSTA
XUNTA CONTIAS GRUPOS
GRUPO
|
CORPO
|
IMPORTE €
|
A1
|
FORENSES
|
2515.68
|
A2
|
XESTORES
|
1760.64
|
C1
|
TRAMITACIÓN
|
1135.44
|
C2
|
AUXILIO
|
963.72
|
PROPOSTA XUNTA
SISTEMA EXCEPCIONAL E TRANSITORIO
GRAOS I
e II
2020
|
2021
|
2022
|
2023
|
2024
|
2025
|
2026
|
|
Forense
|
|||||||
Xestión
|
|||||||
Tramit.
|
|||||||
Auxilio
|
GRAO I
GRAO II