Saíron publicados, con data do 7 de febreiro de 2020, novos avisos de
desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante
substitución entre titulares.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal.
De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o
persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en
situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operarán os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que
actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia
do titular por períodos de longa duración.
Os/As interesados/as
nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o anexo II
bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás
substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das
prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de
corresponderlle máis dunha das prazas, será a recollida na solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (10, 11 e 12 de febreiro do 2020).
A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación.