Hoxe publícase no DOG a Resolución do 7 de febreiro de 2020 pola
que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico
para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo,
empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos
laborais.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020.
Para ver a Resolución, preme aquí