Próxima convocatoria de comisións de servizo para prazas de nova creación


22 nov. 2019




A Dirección Xeral de Xustiza  remítenos o seguinte correo:

"Comunícase que está previsto que o vindeiro luns 25 de novembro sexa publicada na intranet de xustiza máis na páxina web da consellería a resolución pola que se procederá á convocatoria para a provisión por comisión de servizos de prazas de nova creación"

A creación destas novas prazas é froito do Acordo asinado por CCOO o pasado 23 de maio de 2018.