Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas en substitución


3 may. 2019






Saíu publicada, con data do 3 de maio de 2019, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.