Acción social 2016. Listaxes definitivas.


27 oct. 2016






No DOG de hoxe, xoves 27 de outubro de 2016, publicouse a resolución do 27 de setembro 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.



Para acceder ao texto da mesma prema na seguinte ligazón.