Recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 en Galicia


4 abr 2016



 
Hoxe publícase no DOG o anuncio polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, pola que se aproba unha retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 aos empregados do sector público autonómico de Galicia.

A dita recuperación realizarase en dúas partes:
 -No mes de abril o 25,14%, que se corresponde coa parte proporcional correspondente a 46 días da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012.
- No mes de setembro aboarase a parte restante da paga extraordinaria, paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais do mes de decembro de 2012 non recuperadas nos pagamentos anteriores.
Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, e os correspondentes aos empregaados públicos que non se encontren en activo, serán aboados, logo da correspondente solicitude , segun o modelo que  se xunta como anexo no anuncio do DOG.

Para ver a resolución,  preme aqui