Aviso sobre o novo servizo de correo corporativo


27 ene 2016




 Como xa sabedes, o servizo de correo @justicia.es deixará de estar dispoñible o vindeiro día 31 de xaneiro de 2016. Onte, día 26 de xaneiro, colgouse na intranet de xustiza o seguinte aviso:


Recórdase que se vai proceder á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza.
Para aquelas persoas usuarias que aínda non o fixeron, recórdase a necesidade de verificar o acceso á nova conta de correo.
Rógase que contacten co CSU os usarios que teñan dúbidas ou que non recibiron as súas novas credenciais no sistema @xustiza.gal.
Por outra parte, vaise proceder ao cambio automatizado dos enderezos de correo de recepción de nómina. Por favor, proceda tamén a verificar a súa conta de correo na Oficina Virtual do Empregado Público co seu certificado dixital: (http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-empregado-publico/servizos-con-certificado).