Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua
cobertura mediante substitución entre titulares con data 4 de novembro de
2015.
As prazas ofértanse conxuntamente para a
súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo
coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das
substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados
operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados
aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de
xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes
ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes
conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano
xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a
súa solicitude.
Días para presentar a solicitude: 4, 5 e 6 de novembro
Fax a donde deben dirixirse as solicitudes: 981546222.
Para velas prazas ofertadas preme aquí