Rectificación IRPF, nómina xullo.


3 jul 2015


A Dirección Xeral convocounos hoxe, día 3 de xullo, a unha mesa técnica cun punto único na orde do día: a nómina do mes de xuño.
A DXX comunicounos a todos os sindicatos presentes na mesa que na nómina do mes de xullo regularizaran a situación devolvendo as cantidades que nos foron retidas de mais na nómina de xuño. Así, na seguinte nómina de xullo  aparecerá ,como nota aclaratoria na nómina ,a rectificación do IRPF como concepto de "compensación IRPF".
Tal como pediu CCOO procederase a devolver a retención indebidamente practicada na nómina do mes de xullo.
A presión exercida fixo posible a pronta devolución das cantidades retidas irregularmente.
CCOO espera que na próxima paga extraordinaria de decembro non volva ocorrer o mesmo.
Seguiremos loitando para conseguir que se nos devolva o CAT (complemento autónomico transitorio) na súa totalidade, xa que somos a única Comunidade Autónoma onde se manteñen os recortes sobre os salarios dos funcionarios de xustiza.