Funcionario de xustiza,
sindicalista de CCOO, probable alcalde de Ferrol.
Jorge Suárez Fernández (Vigo 1975),era ata escasamente un par de meses o Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO de Galicia, funcionario xudicial con destino na Fiscalía de A Coruña, dentro duns días, pode ser o novo alcalde da cidade de Ferrol.
"O triunfo da normalidade" titúlao a Voz de Galicia "Se hai unha palabra que resume o seu perfil, é o dunha persoa normal. Os que mellor o coñecen, destacan del a súa transparencia, din que é intelixente, tímido e un tanto reservado e que gaña nas distancias curtas, destacando a súa lealdade" este é o perfil que fai a prensa do noso compañeiro Jorge (A Voz de Galicia,26 maio 2015) e que se aproxima bastante ou moito a como é Jorge, un compañeiro leal, transparente, traballador infatigable que repartía panfletos ás portas da factoría naval de Astano en Ferrol á entrada da quenda das 6 da mañá, para despois estar ás 8 no local sindical de CCOO dos xulgados de Ferrol, nos xulgados da Coruña, en Betanzos ou Carballo, e pola tarde na sede de IU, ou con colectivos veciñais ou percorrendo nos últimos días, barrio a barrio, a cidade de Ferrol.
O seu tempo como
coordinador do Sector de Xustiza, non foi extenso,
pero dende logo si foi intenso. Tivo que loitar contra a prepotencia dalgún ex
compañeiro que cría que CCOO era un leira privada e
tiña dono e señor. Devolveu ao Sector de Xustiza, os
valores das cousas feitas en común, das asembleas intensas, diversas e plurais,
do respecto ao outro e da defensa con decisión do servizo público.
Defendeu no sindical, un modelo que agora está permanentemente cuestionado e atacado, loitou contra os que queren converter a sociedade nunha xungla sen dereitos laborais e sociais e entendía a negociación e a presión social da xente traballadora como medio da construción, permanencia e mellora do Estado do benestar e de dereito.
Defendeu no sindical, un modelo que agora está permanentemente cuestionado e atacado, loitou contra os que queren converter a sociedade nunha xungla sen dereitos laborais e sociais e entendía a negociación e a presión social da xente traballadora como medio da construción, permanencia e mellora do Estado do benestar e de dereito.
Dende o sector
de xustiza queremos darlle as grazas a Jorge, por todas a súas valiosas
achegas, polo seu traballo nos últimos tempos. Alegrámonos dos resultados
obtidos nas pasadas eleccións municipais , pero ao mesmo tempo sentimos
tristeza porque xa o botamos de menos na súa labor de delegado sindical, aínda
que sempre estará aí, formando parte deste proxecto colectivo, e, felicitamos á
cidade de Ferrol, que pode ser gobernada por unha candidatura de unidade
popular que terá ao fronte, como alcalde , a unha persoa honesta, intelixente e
sobre todo, traballador.
CCOO perde un sindicalista de primeira liña, a cidade de Ferrol gañará un bo alcalde.
CCOO perde un sindicalista de primeira liña, a cidade de Ferrol gañará un bo alcalde.
Parabéns compañeiro
desexámoste toda a sorte do mundo.
Sector de Xustiza de
CCOO de Galicia.