CCOO gaña en Ferrol todas as demandas presentadas sobre a reclamación da paga extra do 2012.


10 jun 2015




CCOO gaña en Ferrol todas as demandas presentadas no Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol sobre a reclamación da paga extraordinaria do 2012.
Demandas polas que se reclamaba o recoñecemento do dereito de aboamento da paga extraordinaria correspondente ao período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de novembro do ano 2012 na súa contía íntegra cos xuros legalmente procedentes.
Xa están en poder dos funcionarios de xustiza de Ferrol as sentenzas favorables á devolución da paga extraordinaria que presentaron reclamación nesta cidade por ter o seu domicilio nesta xurisdicción.
O xulgado contencioso condena á Xunta a devolverlles os cartos da extra .
CCOO sempre se postulou a favor das reclamacións individuais como medida de presión ante os tribunais co fin de que a devolución da paga extra do 2012 se faga efectiva a todos os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia.

Unha vitoria máis de CCOO na loita polos dereitos dos funcionarios da xustiza.