Nova concentración en A Coruña contra a privatización do Rexistro Civil.


27 mar 2015


                                 Contra a privatización do Rexistro Civil.




Onte os funcionarios de xustiza de A Coruña e todolos sindicatos manifestáronse de novo contra a privatización do Rexistro Civil. O obxectivo é que o Rexistro Civil siga sendo público e gratuíto para todolos cidadáns .
CCOO presentou unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso dos Diputados en contra da privatización deste servicio público e iniciou unha campaña por toda Galicia e España para conseguir un total de 500.000 firmas en defensa do mantemento do Rexistro Civil como servicio público e gratuíto, servido por persoal funcionario da Administración de Xustiza, ante a pretensión do Goberno de darllo aos rexistradores  mercantís. Preténdese  concienciar á cidadanía do problema que vai supoñer a privatización dos rexistros civís.