No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre
titulares, así como a adxudicación de postos da última convocatoria que
podedes consultar aquí
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución
vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá
preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada
un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na
norma.
Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí),
, ate o 8 de setembro inclusive, anticipando a instancia por fax ao 981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que
se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.
CCOO continúa esixindo que a igual
traballo igual salario e loitando contra o enriquecemento inxusto da
administración. A Dirección Xeral de Xustiza comprometeuse en mesa
sectorial a que en xaneiro de 2015 as substitucións serían retribuídas
integramente.
Convocatoria de plazas de la Mugeju en comisión de servicio
-
Con fecha 19 de marzo se ha publicado, en su web, CONVOCATORIA DE
COMISIONES DE SERVICIO DE LA MUGEJU, abriendo el plazo de solicitudes de 15
días hábiles...
Hace 4 semanas