A/A Director Xeral de Xustiza
Pza Europa 5 4º
Fontiñas – Santiago
Estimado Sr.:
O dereito dos
empregados públicos á vixilancia da súa saúde estase a converter en toda unha
epopea para o funcionariado de xustiza de Ferrol. Os recursos destinados a tal
fin por Mugatra son manifestamente insuficientes para atender os servizos
demandados.
De acordo co
disposto no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos
laborais, os/as empresarios/as deben garantir ao conxunto dos traballadores/as
ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos
riscos inherentes ao traballo.
As medidas de
vixilancia e control da saúde dos traballadores deberían ser desenvolvidas por persoal sanitario cualificado e os resultados dos
informes médicos tratarse de acordo co establecido na Lei
orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
, polo que se entregarán persoalmente en soporte papel ou
telematicamente logo do consentimento do/a traballador/a, tal e como establece
a lexislación e por convocatorias periódicas da Consellería da que depende esa
Dirección Xeral.
No partido Xudicial de Ferrol a xestión dos recoñecementos médicos a través
de Mugatra é tan deficitaria que fai inservible este dereito que lexitimamente
corresponde ao funcionario:
-
No servizo de recoñecementos só hai unha enfermeira, que compatibiliza as
funcións administrativas coas sanitarias, de xeito que pode darse o caso (e de
feito, deuse) de que teña que interrumpir unha extracción sanguínea para
atender o teléfono
-
O médico non está o día que se fan as análises, polo que o recoñecemento
médico supón a perda de dous días de traballo
-
O sistema de control de datos é inservible, algúns funcionarios, pese a ter
no seu poder o resgardo de solicitude da revisión, non foron chamados ou se
presentaron no servizo e non constaban os seus datos.
-
A media para dar os resultados das probas realizadas e esaxerado: uns seis
meses, variable segundo os casos
-
O cambio do servizo de xinecoloxía non foi advertido previamente ás
funcionarias.
En consecuencia, demandamos desa Dirección Xeral de Xustiza unha solución
efectiva que non anule de facto o exercicio do dereito á saúde e aos
recoñecementos médicos que en materia de prevención corresponden ao
funcionario, tomándose as medidas oportunas para que Mugatra dote de
suficientes medios persoais e materiais as súas dependencias co fin de ofrecer
un servizo digno
Ferrol, 22 de setembro de 2014
Matilde
Aguiar Vázquez
Delegada
Sindical