A Dirección Xeral omite a orde de substitucións


22 sept 2014


A Dirección Xeral de Xustiza non está a publicar polo método das substitucións horizontais ou verticais todas as prazas con licenzas por enfermidade de larga duración, chamando directamente a interinos. É un incumprimento manifesto da legalidade, ditada pola propia Dirección Xeral, e é, a súa vez, un ataque aos dereitos da carreira profesional dos funcionarios/as. O sistema de substitucións, por outra banda, en nada prexudica aos interinos/as, xa que a praza do titular que accede á substitución e cuberta facendo un chamamento da bolsa de interinos.

Son xa demasiados os casos que ao longo do ano "cólanse" para obviar a Resolución 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que contempla as substitucións no seu artigo 1º  para cando o funcionario estea ausente en períodos de longa duración como permisos, licenzas, comisións de servizos, excedencias, servizos especiais ou situacións de liberación sindical.

O último caso coñecido e denunciado por este sindicato tivo lugar nun Xulgado de Paz da provincia de Ourense, do que omitimos a denominación concreta para preservar o dereito a intimidade do funcionario no que respecta a súa saúde, pero que era un caso obvio e claro de enfermidade de longa duración, cun tratamento prolongado e incluso coa posibilidade dunha xubilación. Aínda con todo, a DXX nomeou un interino directamente, privando, unha vez máis, aos funcionarios dun dereito que lles corresponde pola lexislación vixente.

Por outra banda, xa rematando o mes de setembro, demandamos da Dirección Xeral de Xustiza que convoque mesa sectorial de forma inmediata, xa que a Resolución de substitucións non garante o cobro das substitucións ao 100%, comprometida pola administración para xaneiro 2015 pero que aínda non comezaron a traballar, co que difícultase o cumprimento dese compromiso, nada de extrañar nesta administración. Por outra banda o sistema de quendas, irregular e inservible, debe ser revisado tamén,  xa que non elude as atribucións de funcións, co que xente nas quendas non traballa e cobra e xente fóra delas traballa por atribucións e non cobra. Un despropósito. Outro máis.