Substitución entre titulares


22 sept 2014


No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre titulares, así como a adxudicación de postos da última convocatoria que podedes consultar aquí

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

 Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí), , ate o 8 de setembro inclusive, anticipando a instancia por fax ao 981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.



 CCOO continúa esixindo que a igual traballo igual salario e loitando contra o enriquecemento inxusto da administración. A Dirección Xeral de Xustiza comprometeuse en mesa sectorial a que en xaneiro de 2015 as substitucións serían retribuídas integramente.