No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 248, do 28 de outubro de 2013, publícase a Resolución da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar pola que se publica o calendario laboral para o ano 2014
Enlace permanente: pica aquí
Texto
Consellería de Traballo e Benestar
Xefatura Territorial
Ourense
Calendario laboral 2014
Servizo Relacións Laborais e Economía Social
De conformidade co que dispón o artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, na súa redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e os artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e o Decreto 169/2012, do 1 de agosto, (DOG n.º 153 do 10 de agosto de 2012 ) polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2014, esta xefatura territorial elaborou para esta provincia de Ourense o seguinte calendario laboral:
1.- De non se produciren modificacións no calendario laboral de carácter estatal, serán inhábiles para os efectos laborais, retribuídos e non recuperables, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, ademais de tódolos domingos do ano, os seguintes días festivos:
01 de xaneiro Aninovo.
06 de xaneiro Día de Reis
17 de abril Xoves Santo.
18 de abril Venres Santo.
01 de maio Festa do Traballo.
17 de maio Día das Letras Galegas.
25 de xullo Día Nacional de Galicia.
15 de agosto A Asunción.
01 de novembro Todos os Santos.
06 de decembro Día da Constitución.
08 de decembro A Inmaculada
25 de decembro Nadal.
2. Festas laborais de carácter local.
Serán tamén inhábiles para o traballo, retribuídos e non recuperables, dentro dos respectivos termos municipais para o ano 2014 ademais das festas de ámbito estatal e as festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinalan para o menciona ano, as seguintes:
Allariz:
4 de marzo, Martes de Entroido
20 de xuño, Venres do Boi
Amoeiro:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Arnoia, A:
1 de agosto, Festa do Pemento
22 de maio, Santa Rita
Avión:
4 de agosto, Luns de San Roque
11 de novembro, San Martiño
Baltar:
4 de marzo
19 de marzo
Bande:
4 de marzo, Martes de Entroido
25 de agosto, San Roque
Baños de Molgas:
6 de agosto, San Salvador
8 de setembro, Os Milagres
Barbadás:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
O Barco de Valdeorras:
22 de maio, Santa Rita
15 de setembro, festa do Cristo
Beade:
3 de febreiro, San Blas
2 de xullo, Santa Isabel
Beariz:
13 de xuño, Santo Antonio
11 de novembro, San Martiño
Os Blancos:
4 de marzo, Martes de Entroido
15 de setembro,
Boborás:
13 de xuño, Festa de Santo Antonio
19 de setembro, Festa da Saleta
A Bola:
4 de marzo, Martes de Entroido
2 de maio, Venres da Santa Cruz
O Bolo:
4 de marzo
8 de setembro
Calvos de Randín:
4 de marzo, Martes de Entroido
4 de agosto, luns seguinte ó primeiro domingo de agosto
Carballeda de Avia:
4 de marzo, Martes de Entroido
9 de xuño, Luns de Lodairo
Carballeda de Valdeorras:
4 de marzo, Martes de Entroido
28 de abril, Nosa Señora da Encarnación
O Carballiño:
4 de marzo, Martes de Entroido
17 de setembro, festas patronais
Cartelle:
21 de marzo, San Bieito
22 de agosto, Nosa Señora do Mundil
Castrelo de Miño:
4 de marzo, Martes de Entroido
5 de agosto, luns, virxe das Neves
Castrelo do Val:
17 de xaneiro, Santo Antón
5 de marzo, Mércores de Cinza
Castro Caldelas:
20 de xaneiro, San Sebastián
8 de setembro, Nosa Señora dos Remedios
Celanova:
1 de marzo, San Rosendo
16 de agosto, San Roque
Cenlle:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Chandrexa de Queixa:
4 de marzo, Martes de Entroido
7 de xullo, Romaría de Chandrexa de Queixa
Coles:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Cortegada:
11 de xullo, San Bieito
24 de xullo, Festas Patronais de Cortegada
Cualedro:
05 de marzo, Mércores de Cinza
13 de xuño, Santo Antonio
Entrimo:
1 de agosto
14 de agosto
Esgos:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Gomesende:
29 de maio, Nosa Señora da Guía
13 de xuño, Santo Antonio
A Gudiña:
25 de febreiro
25 de agosto
Irixo, O:
4 de marzo, Martes de Entroido
13 de maio, Virxe de Fátima
Larouco:
8 de setembro, Virxe dos Remedios
12 de decembro, Santa Lucía
Laza:
5 de marzo, Mércores de Cinza
24 de xuño, San Xoán
Leiro:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Lobeira:
22 de xaneiro, San Vicente
8 de setembro, Viso Pequeno
Lobios:
4 de marzo, Martes de Entroido
13 de agosto, festa local
Maceda:
4 de marzo, Martes de Entroido
12 de agosto, festas patronais de Maceda
Manzaneda:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de agosto, Festas Patronais
Maside:
4 de marzo, Martes de Entroido
27 de agosto, San Vitorio
Melón:
13 de xuño, Santo Antonio
11 de xullo, San Bieito
Merca, A:
4 de marzo, Martes de Entroido
16 de xuño, Día do Espírito Santo
Mezquita, A:
5 de agosto, Nosa Señora das Neves
11 de novembro, San Martiño
Montederramo:
4 de marzo, Martes de Entroido
14 de agosto, San Roque
Monterrei:
5 de marzo, Mércores de Cinza
9 de xuño, Virxe da Caridade
Muíños:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Nogueira de Ramuín:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Oímbra:
5 de marzo, Mércores de Cinza
8 de setembro, Os Remedios
Ourense:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Paderne de Allariz:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Padrenda:
24 de xuño, San Xoán
5 de setembro, Virxe do Hospital
Parada de Sil:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
O Pereiro de Aguiar:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
A Peroxa:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Petín:
17 de xaneiro, San Antón
24 de xullo, Festas Patronais Santiago Apóstolo
Piñor:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Pobra de Trives, A:
25 de agosto
15 de setembro
Pontedeva:
4 de marzo, Martes de Entroido
1 de outubro, San Verísimo
Porqueira:
4 de marzo, Martes de Entroido
16 de xullo, Virxe do Carme
Punxín:
4 de marzo, Martes de Entroido
28 de abril, San Wintila (luns)
Quintela de Leirado:
4 de marzo, Martes de Entroido
24 de decembro, Nadal
Rairiz de Veiga:
24 de xuño, San Xoán
24 de setembro, Romaría da Saínza
Ramirás:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Ribadavia:
4 de marzo
8 de setembro
Riós:
5 de marzo, Mércores de Cinza
15 de setembro, Romaría da Trepa
Rúa, A:
11 de agosto
25 de agosto
Rubiá:
29 e 30 de maio, A Ascensión
San Amaro:
4 de marzo, Martes de Entroido
15 de xullo, San Amaro
San Cibrao das Viñas:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
San Cristovo de Cea:
10 de xullo, San Cristovo
22 de setembro, Festas da Saleta
San Xoán de Río:
4 de marzo, Martes de Entroido
24 de xuño, San xoán
Sandiás:
4 de marzo, Martes de Entroido
21 de abril, Luns de Pascua
Sarreaus:
3 de marzo, Luns de Entroido
15 de setembro, festas patronais
Taboadela:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Teixeira, A:
4 de marzo, Martes de Entroido
25 de novembro, Santa Catalina
Toén:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Trasmiras:
4 de marzo, Martes de Entroido
24 de xuño, San Xoan
Veiga, A:
4 de marzo, Martes de Entroido
8 de setembro
Verea:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Verín:
17 de xaneiro, San Antón
05 de marzo, Mércores de Cinza
Viana do Bolo:
5 de marzo, Mércores de Cinza
14 de agosto,
Vilamarín:
4 de marzo, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Vilamartín de Valdeorras:
23 de abril, San Jorge
22 de xullo, A Magdalena
Vilar de Barrio:
13 de xuño, San Antón
1 de agosto, San Fiz.
Vilar de Santos:
21 de abril, Luns de Pascua
5 de agosto, Virxe das Neves
Vilardevós:
5 de marzo, Mércores de Cinza
18 de agosto, San Roque
Vilariño de Conso:
3 de marzo, Luns de Entroido
11 de novembro, San Martiño
Xinzo de Limia:
4 de marzo, Martes de Entroido
18 de xullo, festas de Santa Mariña
Xunqueira de Ambía:
29 de abril, San Pedro
18 de agosto, San Roque
Xunqueira de Espadanedo:
4 de marzo, Martes de Entroido
7 de xullo, (luns) festa patronal na honra a Santa Isabel
As empresas da provincia deberán expor en lugar visible do centro de traballo este calendario laboral durante o ano 2014, para o coñecemento e a consulta dos/as traballadores/as. Publícase isto no Boletín Oficial da Provincia para o seu cumprimento.
Ourense, 10 de outubro de 2013. O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense.
Asdo.: José Selas Souto.