Pontevedra: Calendario laboral 2014. Festividades locais na provincia


4 nov. 2013


No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 203, do 22 de outubro de 2013, publicouse publicouse a Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2014 na provincia de Pontevedra


Enlace permanente: pica aquí


Texto

Consonte co disposto no artigo 37.2, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, declarados vixentes pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo e no Decreto 169/2012, do 1 de agosto, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Pontevedra o seguinte:

CALENDARIO LABORAL ANO 2014

PRIMEIRO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER XERAL.

De conformidade co disposto no Decreto 127/2013, do 1 de agosto, da Xunta de Galicia, as festas
laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
para o ano 2014 serán as seguintes

01 de xaneiro Aninovo.

06 de xaneiro Día de Reis

17 de abril Xoves Santo.

18 de abril Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

08 de decembro A Inmaculada

25 de decembro Nadal.

SEGUNDO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL.

Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, Decreto 128/2011, do 30 de xuño e o artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:


AGOLADA
05 de marzo
30 de xuño

ARBO
11 de xullo San Bieito
16 de agosto San Roque

BAIONA
24 de xullo Santa Cristina
26 de setembro San Cosme e San Damián

BARRO
13 de xuño Festa do Viño
03 de outubro Romaría de San Breixo

BUEU
16 de xullo Virxe do Carme
11 de novembro San Martiño

CALDAS DE REIS
05 de marzo Mércores de Cinza
24 de xuño San Xoán

CAMBADOS
11 de xullo San Bieito Patrón de Europa
18 de xullo Santa Mariña Patrona de Cambados

CAMPO LAMEIRO
13 de xuño Santo Antón
29 de setembro San Miguel

CANGAS
11 de abril Venres das Dores
01 de setembro Luns do Cristo

CAÑIZA , A
09 de xuño Festa das Pascuillas
15 de outubro Festa de Santa Tareixa

CATOIRA
14 de xullo Santo Antón de Padua e Neno Xesús
11 de agosto San Antón da Parroquia Oeste

CERDEDO
24 de xuño Santo Xoán Bautista
28 de xullo Luns do Ecce-Homo

COTOBADE
05 de marzo Mércores de Cinza
18 de agosto San Roque

COVELO
09 de xuño Festa das Pascuillas
08 de setembro Romaría da Franqueira

CRECENTE
13 de maio Virxe de Fátima
09 de xuño Cristo da Saúde de Albeos

CUNTIS
11 de xullo San Bieito
18 de agosto Virxe do Carme

DOZÓN
21 de xullo Festa do Carme
06 de agosto Festa do San Salvador

ESTRADA, A
26 de xuño Festas patronais San Paio
27 de xuño

FORCAREI
01 de setembro Luns das Dores
11 de novembro San Martiño

FORNELOS DE MONTES
21 de abril Luns de Pascua
12 de agosto San Lourenzo

GONDOMAR
11 de xullo San Bieito
18 de agosto San Roque

GROVE, O
22 de xaneiro San Vicente
16 de xullo Virxe do Carme

GUARDA, A
16 de xullo Virxe do Carme
23 de setembro Santa Tegra

ILLA DE AROUSA
07 de xaneiro San Xulián
04 de marzo Martes de Entroido

LALÍN
22 de setembro
23 de setembro Festas Patronais

LAMA, A
28 de xullo San Xoaquín e Santa Ana
05 de agosto Nosa Señora das Ermidas

MARÍN
16 de xullo Virxe do Carme
08 de setembro Nosa Señora do Porto

MEAÑO
21 de abril Luns de Pascua
11 de xullo San Bieto

MEIS
21 de abril Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
11 de xullo San Bieito

MOAÑA
16 de xullo Virxe do Carme
11 de novembro San Martiño

MONDARIZ
09 de xuño Luns de Pentecostés
16 de agosto San Roque

MONDARIZ-BALNEARIO
11 de febreiro Nosa Señora de Lourdes
09 de xuño Peregrinación ao Santuario da Franqueira

MORAÑA
04 de marzo Martes de Entroido
11 de novembro San Martiño

MOS
13 de xuño Festa da Rosa
07 de agosto San Mamede

NEVES, AS
29 de xullo Santa Marta
05 de agosto Nosa Señora das Neves

NIGRÁN
24 de xuño San Xoán
01 de agosto San Fiz

OIA
09 de xuño Virxe do Mar
07 de Agosto San Mamede

PAZOS DE BORBÉN
15 de xaneiro San Amaro
21 de abril Luns de Pascua

POIO
24 de xuño San Xoán
24 de setembro Nosa Sra. da Mercé

PONTEAREAS
23 de xuño Luns seguinte ao Corpus Cristi
29 de setembro San Miguel Arcanxo

PONTE CALDELAS
05 de marzo Mércores de Cinza
03 de setembro Festa das Dores

PONTECESURES
07 de xaneiro San Xulián
07 de xullo Festa do Carme

PONTEVEDRA
05 de febreiro Mércores de Cinza
11 de xullo San Bieito

PORRIÑO, O
11 de xullo San Bieito
29 de setembro Santísimo Cristo da Agonía

PORTAS
21 de abril Luns de Pascua
11 de xullo San Bieito

REDONDELA
28 de abril Luns do Cristo
19 de xuño Xoves da Coca

RIBADUMIA
21 de abril Luns de Pascua
06 de xuño Festa do Viño Tinto

RODEIRO
16 de xuño Luns seguinte a Santo Antón
08 de setembro Nosa Señora do Faro

ROSAL, O
04 de marzo Martes de Entroido
18 de xullo Santa Mariña

SALCEDA DE CASELAS
04 de marzo Martes de Entroido
21 de xullo Luns do Cristo

SALVATERRA DE MIÑO
09 de xuño Santísimo Cristo da Victoria
13 de maio Virxe de Fátima

SANXENXO
21 de abril Luns de Pascua
04 de setembro Santa Rosalía

SILLEDA
25 de agosto
19 de setembro

SOUTOMAIOR
21 de abril Luns de Pascua
06 de agosto San Salvador

TOMIÑO
04 de marzo Martes de Entroido
15 de setembro Luns do Alivio

TUI
04 de marzo Martes de Entroido
28 de abril Luns de San Telmo

VALGA
03 de febreiro San Brais
24  de xullo Santa Critina

VIGO
28 de marzo Reconquista da Cidade
16 de agosto San Roque

VILABOA
04 de marzo Martes de Entroido
11 de novembro San Martiño

VILA DE CRUCES
11 de agosto Festas Patronais Nosa Señora da Piedade
12 de agosto

VILAGARCÍA DE AROUSA
22 de maio Santa Rita
16 de agosto San Roque

VILANOVA DE AROUSA
15 de xaneiro San Mauro
16 de setembro San Cibrán


TERCEIRO.—

Consonte co disposto no artigo 48.7 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as festas laborais sinaladas, tanto as de carácter autonómico coma local, terán a consideración de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos

CUARTO.—OBRIGATORIEDADE DO CALENDARIO.

En virtude do disposto no artigo 34.6 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento e consulta dos traballadores, o calendario laboral. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Vigo, 11 de outubro de 2013 —A xefa territorial, María Rita Peón Fernández