CCOO solicítalle á Dirección Xeral que os días de asuntos propios se podan disfrutar ata o día 31 de xaneiro


4 oct 2013


No día de onte remitimos o seguinte correo electrónico á Subdirectora de Xustiza:

Envíoche o escrito que realizamos sobre a incongruencia que dende a Administración se está a cometer con respecto aos 7 días de vacacións que se poden disfrutar por separado, explícome:


Como se pode explicar que 7 días de vacacións se podan disfrutar por separado e unilos aos días de asuntos particulares e teñan a mesma consideración que os días de asuntos particulares e dende as Delegacións se esté informando que só se poden disfrutar ata o día 15 de xaneiro, cando os días de asuntos particulares, aos que se poden unir, pódense disfrutar ata o 31 de xaneiro.

Espero que se actué con sentido común dende a DXX e se remitan instruccións ás Delegacións para solventar esta incongruencia

Un saúdo

Acompañamos o escrito remitido