Convocatoria de Bolsa de Secretarios Substitutos


2 sept 2013




Recordámosvos que hoxe, 2 de setembro, comeza o prazo para presentar as solicitudes para a participación na bolsa de secretarios xudiciais substitutos.

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días hábiles, a contar dende hoxe mesmo, con indicación das provincias ás que se opta por orde de preferencia, dirixindo a solicitude ao Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza correspondente á provincia á que opte en primeiro lugar,

Volvemos publica-lo enlace ao BOE da convocatoria da bolsa, así como o enlace á publicación do baremo e dos criterios de puntuación para a devandita convocatoria, publicados respectivamente no BOE do 5 de agosto e 15 de xuño de 2013 (publicouse unha corrección de erros do baremo, no BOE do 13 de xullo)