Comunicado convocando asembleas de traballadores


20 sept 2013





Os cinco Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Galicia, CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG, levamos convocando mobilizacións contra os recortes, primeiro de Zapatero, logo de Rajoy e nos últimos tempos contra o goberno da Champions League de Nuñez Feijoo, xunto o Staj.

Os cinco Sindicatos temos decidido comezar unha campaña de asembleas por toda Galicia para explicar a repercusión que terán todas as medidas de recortes, proxectos de lei, anteproxectos sobre el servizo público da xustiza, os dereitos laborais dos traballadores (funcionarios e persoal laboral) e sobre os cidadáns.

Esta campaña comezará o 25 de setembro e finalizará o 18 de outubro, para facela coincidir coa que se decidiu no ámbito Estatal, entre os Sindicatos que teñen representación na Mesa de Negociación do Ministerio de Xustiza (CSI-CC.OO-STAJ-UGT), en todas as CC.AA, con independencia de ser transferidas o non.

CC.OO-USO-UGT-CSI-CIG invitamos, como no podía ser menos, a participar nesta campaña de asembleas o STAJ, que aínda que non ten representación na Mesa Sectorial de Galicia ó non alcanzar o número de Delegados suficiente, si que é participe da PLATAFORMA ESTATAL que decidiu a convocatoria de asembleas en todo o Estado.