No DOG do 20 de maio de 2013 publícase a convocatoria de diversos cursos de linguaxe xurídica na modalidade de teleformación: 3 edicións de nivel medio e 3 edición de nivel superior.
Os cursos están dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. O número de prazas por edición é de 30 persoas (un total de 90 persoas en cada nivel).
Os cursos terán unha duración de 75 horas e desenvolveranse entre o 9 de setembro e o 3 de novembro de 2013.
A matrícula deberá facerse de forma telemática desde o seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/matricula.
O prazo de matrícula será de dez días naturais desde a publicación da resolución no DOG.
Máis información na convocatoria publicada no DOG.