Para mudar a lingua abonda con entrar en settings e despois en account para cambiar en languagepara o galego. Hai que ter en conta que a versión en galego aínda está en beta. Polo tanto, pode haber erros e os termos poden ser aínda postos en discusión a través do Centro de Tradución. Dende agora Follow é Seguir, Tweet dise Chío, os Trends son Tendencias e cando un chío é repetido por un usuario dise que foi rechiado.
O proceso aínda non está completo. Este mesmo mércores Twitter tamén anunciou que se poñían en marcha as versións en catalán e vasco para os dispositivos móbiles. A versión en galego terá que agardar uns meses
Foron moitos meses de peticións, email cruzados e de traducións, votacións e revisións, dende setembro do pasado ano cando Twitter autorizou o inicio do proceso de tradución ao galego. Ás veces deu a impresións de que este día non daba chegado, pois despois do traballo de tradución de termos e expresións, que se completou con rapidez, quedaba un proceso máis farragoso de votación e validación das propostas, no que o traballo conxunto da comunidade foi fundamental. E mesmo aí houboobstáculos inesperados e mesmo pareceu que o Twitter en galego topara co Vaticano e déronse casos de supostos boicotadores, que escacharon parte do traballo feito.
O proceso aínda non está completo. Este mesmo mércores Twitter tamén anunciou que se poñían en marcha as versións en catalán e vasco para os dispositivos móbiles. A versión en galego terá que agardar uns meses.
Dous anos de traballo
É un éxito colectivo da comunidade tuiteira e sobre todo dun grupo máis activo de tradutores
Cando a empresa comezou a falar da posibilidade de abrir o seu servizo a outras linguas, un grupo de internautas puxeron en marcha a iniciativa Twitter en Galego, co obxectivo de "activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema". Neses meses, conseguiuse que #twitterengalego fose TT a nivel estatal, e forxouse unha certa sensación de comunidade, ademais de quedar claro que existían mans e cerebros dispostos a traballar nas traducións.
Foron moitos meses de peticións, email cruzados e de traducións, votacións e revisións, dende setembro do pasado ano cando Twitter autorizou o inicio do proceso de tradución ao galego. É un éxito colectivo da comunidade tuiteira e sobre todo dun grupo máis activo de tradutores. Xa en setembro se criticara que dende a Xunta se lanzase a idea de que o twitter en galego chegaria pola acción da administración cando fora a intensa actividade da comunidade tuiteira galega a que acadou o obxectivo.
Publicado o 21/02/2013 en www.praza.com
Enlace permanente: pica aquí