Sistema de control horario – FICHAXE


6 nov 2012


Dende a Dirección Xeral de Xustiza remitíronnos o seguinte comunicado:


Bos días,
Para coñecemento de todos, dende a Dirección Xeral de Xustiza quixeramos facer a seguinte aclaración con respecto ao control horario:

SISTEMA DE CONTROL HORARIO – FICHAXE

En relación co novo sistema de control horario Kronos que se está a implantar nos xulgados dende o pasado día 1 de novembro, a Dirección Xeral de Xustiza informa que, ate que se comunique o inicio da fichaxe coa tarxeta corporativa no pc do posto de traballo nos distintos órganos da Administración de Xustiza en Galicia, débese fichar unicamente coa tarxeta antiga, nos puntos de fichaxe situados nos distintos edificios xudiciais. Ata o de agora os únicos órganos nos que se debe fichar coa tarxeta corporativa e o sistema Kronos son o Xulgado de 1ª instancia nº 3 e Xulgados do Social de Santiago de Compostela.