Ourense: Calendario laboral 2013. Festividades locais na provincia


7 nov. 2012


No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 239, do 21 de outubro de 2012, publícase a Resolución da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar pola que se publica o calendario laboral para o ano 2013



Enlace permanente: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=244&fecha=20121023



Texto

Consellería de Traballo e Benestar


Xefatura Territorial


Ourense

Calendario laboral 2013

Servizo Relacións Laborais

Sección Relacións Laborais

De conformidade co que dispón o artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, na súa redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e os artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e o Decreto 169/2012, do 1 de agosto, (DOG n.º 153 do 10 de agosto de 2012 ) polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2013, esta xefatura territorial elaborou para esta provincia de Ourense o seguinte calendario laboral:
1.- De non se produciren modificacións no calendario laboral de carácter estatal, serán inhábiles para os efectos laborais, retribuídos e non recuperables, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, ademais de tódolos domingos do ano, os seguintes días festivos:


01 de xaneiro Aninovo.

28 de marzo Xoves Santo.

29 de marzo Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

24 de xuño Día de San Xoan.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

12 de outubro Día da Hispanidade.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

25 de decembro Nadal.

2. Festas laborais de carácter local.

Serán tamén inhábiles para o traballo, retribuídos e non recuperables, dentro dos respectivos termos municipais para o ano 2013 ademais das festas de ámbito estatal e as festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinalan para o ano 2013, as seguintes:


Allariz:
12 de febreiro, Martes de Entroido
31 de maio, Venres do Boi

Amoeiro:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Arnoia, A:
2 de agosto, Festa do Pemento
22 de maio, Santa Rita

Avión:
5 de agosto, Luns de San Roque
11 de novembro, San Martiño

Baltar:
12 de febreiro
19 de marzo

Bande:
12 de febreiro, Martes de Entroido
26 de agosto, San Roque

Baños de Molgas:
12 de febreiro, Martes de Entroido
6 de agosto, San Salvador

Barbadás:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

O Barco de Valdeorras:
22 de maio, Santa Rita
16 de setembro, festa do Cristo

Beade:
2 de xullo, Santa Isabel
16 de agosto, San Roque

Beariz:
3 de maio, Santa Cruz
16 de agosto, San Roque

Os Blancos:
12 de febreiro, Martes de Entroido
16 de setembro, Virxe das Dores (patroa do concello)

Boborás:
13 de xuño, Festa de Santo Antonio
19 de setembro, Festa da Saleta

A Bola:
11 de febreiro, Luns de Entroido
3 de maio, Venres da Santa Cruz

O Bolo:
16 de agosto
13 de decembro

Calvos de Randín:
12 de febreiro, Martes de Entroido
5 de agosto, luns seguinte ó primeiro domingo de agosto

Carballeda de Avia:
12 de febreiro, Martes de Entroido
20 de maio, Luns de Lodairo

Carballeda de Valdeorras:
12 de febreiro, Martes de Entroido
8 de abril, Nosa Señora da Encarnación

O Carballiño:
12 de febreiro, Martes de Entroido
17 de setembro, festas patronais

Cartelle:
21 de marzo, San Bieito
22 de agosto, Nosa Señora do Mundil

Castrelo de Miño:
5 de agosto
16 de agosto

Castrelo do Val:
17 de xaneiro, Santo Antón
13 de febreiro, Mércores de Cinza

Castro Caldelas:
12 de febreiro, Martes de Entroido
9 de setembro, Nosa Señora dos Remedios

Celanova:
1 de marzo, San Rosendo
16 de agosto, San Roque

Cenlle:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Chandrexa de Queixa:
12 de febreiro, Martes de Entroido
8 de xullo, Romaría de Chandrexa de Queixa

Coles:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Cortegada:
11 de xullo, San Bieito
26 de xullo, Santa Ana

Cualedro:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
13 de xuño, Santo Antonio

Entrimo:
2 de agosto
16 de agosto

Esgos:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Gomesende:
9 de maio, Nosa Señora da Guía
26 de xullo, Santa Ana

A Gudiña:
25 de febreiro
23 de agosto

Irixo, O:
12 de febreiro, Martes de Entroido
13 de maio, Virxe de Fátima

Larouco:
9 de setembro, Virxe dos Remedios
13 de decembro, Santa Lucía

Laza:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
3 de maio, Santa Cruz

Leiro:
3 de maio, Santa Cruz
13 de decembro, Santa Lucía

Lobeira:
22 de xaneiro, San Vicente
12 de febreiro, Martes de Entroido

Lobios:
12 de febreiro, Martes de Entroido
12 de agosto, festa local

Maceda:
12 de febreiro, Martes de Entroido
13 de agosto, festas patronais de Maceda

Manzaneda:
12 de febreiro, Martes de Entroido
5 de agosto, festa das Neves

Maside:
12 de febreiro, Martes de Entroido
27 de agosto

Melón:
3 de maio, Santa Cruz
13 de xuño, Santo Antonio

Merca, A:
12 de febreiro, Martes de Entroido
27 de maio, Día do Espírito Santo

Mezquita, A:
5 de agosto, Nosa Señora das Neves
11 de novembro, San Martiño

Montederramo:
12 de febreiro, Martes de Entroido
16 de agosto, San Roque

Monterrei:
26 de xullo
16 de agosto

Muíños:
12 de febreiro, Martes de Entroido
4 de outubro, San Francisco

Nogueira de Ramuín:
16 de agosto, San Roque
11 de novembro, San Martiño

Oímbra:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
26 de xullo, Santa Ana

Ourense:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Paderne de Allariz:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Padrenda:
21 de xuño, San Xoán
16 de agosto, San Roque

Parada de Sil:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

O Pereiro de Aguiar:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

A Peroxa:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Petín:
17 de xaneiro, San Antón
26 de xullo, Santa Ana

Piñor:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Pobra de Trives, A:
23 de agosto, San Bartolomeu
13 de setembro, Santo Cristo

Pontedeva:
12 de febreiro, Martes de Entroido
24 de agosto, San Bartolomeu

Porqueira:
16 de xullo, Virxe do Carme
11 de novembro, San Martiño

Punxín:
12 de febreiro, Martes de Entroido
8 de abril, San Wintila (luns)

Quintela de Leirado:
12 de febreiro, Martes de Entroido
19 de marzo, San Xosé

Rairiz de Veiga:
12 de febreiro, Martes de Entroido
24 de setembro

Ramirás:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Ribadavia:
12 de febreiro
31 de agosto

Riós:
12 de febreiro, Martes de Entroido
16 de agosto, San Roque (patrón de Riós)

Rúa de Valdeorras, A:
13 de xuño, Santo Antonio
5 de agosto, festas do Verán

Rubiá:
9 e 10 de maio, A Ascensión

San Amaro:
12 de febreiro, Martes de Entroido
15 de xullo, San Amaro

San Cibrao das Viñas:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

San Cristovo de Cea:
10 de xullo, San Cristovo
23 de setembro, festas da Saleta

San Xoán de Río:
12 de febreiro, Martes de Entroido
9 de agosto, festa do Verán

Sandiás:
12 de febreiro, Martes de Entroido
1 de abril, Luns de Pascua

Sarreaus:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
9 de setembro, festas patronais

Taboadela:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Teixeira, A:
12 de febreiro, Martes de Entroido
25 de novembro, Santa Catalina

Toén:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Trasmiras:
12 de febreiro, Martes de Entroido
1 de abril, Luns de Pascua

Veiga, A:
12 de febreiro, Martes de Entroido
9 de setembro

Verea:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Verín:
17 de xaneiro, San Antón
13 de febreiro, Mércores de Cinza

Viana do Bolo:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
16 de agosto, San Roque

Vilamarín:
12 de febreiro, Martes de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Vilamartín de Valdeorras:
23 de abril, San Jorge
22 de xullo, A Magdalena

Vilar de Barrio:
13 de xuño, San Antón
1 de agosto, San Fiz.

Vilar de Santos:
1 de abril, Luns de Pascua
5 de agosto, Virxe das Neves

Vilardevós:
13 de febreiro, Mércores de Cinza
16 de agosto, San Roque

Vilariño de Conso:
11 de febreiro, Luns de Entroido
11 de novembro, San Martiño

Xinzo de Limia:
12 de febreiro, Martes de Entroido
18 de xullo, festas de Santa Mariña

Xunqueira de Ambía:
29 de abril, San Pedro
16 de agosto, San Roque

Xunqueira de Espadanedo:
12 de febreiro, Martes de Entroido
8 de xullo, Santa Isabel (a patroa).



As empresas da provincia deberán expor en lugar visible do centro de traballo este calendario laboral durante o ano 2013, para o coñecemento e a consulta dos/as traballadores/as. Publícase isto no Boletín Oficial da Provincia para o seu cumprimento.

Ourense, 5 de outubro de 2012. O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense.

Asdo.: José Selas Souto.