Pontevedra: Calendario laboral 2013. Festividades locais na provincia


7 nov 2012


No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 202, do 19 de outubro de 2012, publicouse publicouse a Resolución da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2013 na provincia de Pontevedra


Enlace permanente: http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2012/bop.PONTEVEDRA.20121019.202.pdf


Texto

Consonte co disposto no artigo 37.2, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, declarados vixentes pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo e no Decreto 169/2012, do 1 de agosto, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, elaborou para a provincia de Pontevedra o seguinte:

CALENDARIO LABORAL ANO 2013

PRIMEIRO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER XERAL.


De conformidade co disposto no Decreto 169/2012, do 1 de agosto, da Xunta de Galicia, as festas
laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
para o ano 2013 serán as seguintes

01 de xaneiro Aninovo.

28 de marzo Xoves Santo.

29 de marzo Venres Santo.

01 de maio Festa do Traballo.

17 de maio Día das Letras Galegas.

24 de xuño Día de San Xoan.

25 de xullo Día Nacional de Galicia.

15 de agosto A Asunción.

12 de outubro Día da Hispanidade.

01 de novembro Todos os Santos.

06 de decembro Día da Constitución.

25 de decembro Nadal.

SEGUNDO.—FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL.

Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, Decreto 128/2011, do 30 de xuño e o artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:


AGOLADA
19 de marzo
01 de xullo

ARBO
11 de xullo San Bieito
16 de agosto San Roque

BAIONA
16 de xullo Virxe do Carme
26 de setembro San Cosme e San Damián

BARRO
14 de xuño Festa do Viño
04 de outubro Romaría de San Breixo

BUEU
16 de xullo Virxe do Carme
11 de novembro San Martiño

CALDAS DE REIS
13 de febreiro Mércores de Cinza
16 de agosto San Roque

CAMBADOS
11 de xullo San Bieito Patrón de Europa
18 de xullo Santa Mariña Patrona de Cambados

CAMPO LAMEIRO
13 de xuño Santo Antón
30 de setembro Santa Xerónimo

CANGAS
22 de marzo Venres das Dores
26 de agosto Luns do Cristo

CAÑIZA , A
20 de maio Festa das Pascuillas
15 de outubro Festa de Santa Tareixa

CATOIRA
08 de xullo Santo Pedro da Parroquia de Dimo
15 de xullo San Antón de Padua

CERDEDO
13 de xuño Santo Antón
29 de xullo Luns do Ecce-Homo

COTOBADE
13 de febreiro Mércores de Cinza
19 de agosto San Roque e Santo Antón

COVELO
20 de maio Festa das Pascuillas
26 de xullo

CRECENTE
12 de febreiro Martes de Entroido
13 de maio Virxe de Fátima

CUNTIS
11 de xullo San Bieito
16 de agosto Virxe do Carme

DOZÓN
06 de agosto
02 de setembro

ESTRADA, A
26 de xuño Festas patronais San Paio
27 de xuño

FORCAREI
26 de agosto Luns das Dores
11 de novembro San Martiño

FORNELOS DE MONTES
01 de abril Luns de Pascua
12 de agosto San Lourenzo

GONDOMAR
11 de xullo San Bieito
16 de agosto San Roque

GROVE, O
16 de xullo Virxe do Carme
11 de novembro San Martiño

GUARDA, A
16 de xullo Virxe do Carme
23 de setembro Santa Tegra

ILLA DE AROUSA
07 de xaneiro San Xulián
12 de febreiro Martes de Entroido

LALÍN
23 de setembro
24 de setembro Festas Patronais

LAMA, A
26 de xullo San Xoaquín e Santa Ana
05 de agosto Nosa Señora das Ermidas

MARÍN
13 de febreiro Mércores de Cinza
16 de xullo Virxe do Carme

MEAÑO
01 de abril Luns de Pascua
11 de xullo San Bieto

MEIS
01 de abril Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
11 de xullo San Bieito

MOAÑA
16 de xullo Nosa Señora do Carme
11 de novembro San Martiño

MONDARIZ
20 de maio Virxe da Franqueira
16 de agosto San Roque

MONDARIZ-BALNEARIO
11 de febreiro Nosa Señora de Lourdes
20 de maio Peregrinación ao Santuario da Franqueira

MORAÑA
19 de xullo Santa Xusta
13 de decembro Santa Lucía

MOS
13 de xuño Festa da Rosa
07 de agosto San Mamede

NEVES, AS
29 de xullo Santa Marta
05 de agosto Nosa Señora das Neves

NIGRÁN
19 de marzo San Xosé
01 de agosto San Fiz

OIA
20 de maio Virxe do Mar
07 de Agosto San Mamede

PAZOS DE BORBÉN
15 de xaneiro San Amaro
01 de abril Luns de Pascua

POIO
13 de febreiro Mércores de Cinza
24 de setembro Nosa Sra. da Mercé

PONTEAREAS
03 de xuño Luns seguinte á Festa do Corpus Cristi
09 de setembro Nosa Señora dos Remedios

PONTE CALDELAS
13 de febreiro Mércores de Cinza
28 de agosto Festa das Dores

PONTECESURES
07 de xaneiro San Xulián
08 de xullo Festa do Carme

PONTEVEDRA
13 de febreiro Mércores de Cinza
11 de xullo San Bieito

PORRIÑO, O
11 de xullo San Bieito
23 de setembro Santísimo Cristo da Agonía

PORTAS
01 de abril Luns de Pascua
11 de xullo San Bieito

REDONDELA
08 de abril Luns do Cristo
30 de maio Xoves da Coca

RIBADUMIA
01 de abril Luns de Pascua
31 de maio Festa do Viño Tinto

RODEIRO
21 de xaneiro Luns seguinte a San Vicente
17 de xuño Luns seguinte a Santo Antón

ROSAL, O
12 de febreiro Martes de Entroido
26 de xullo Santa Ana

SALCEDA DE CASELAS
12 de febreiro Martes de Entroido
22 de xullo Luns do Cristo

SALVATERRA DE MIÑO
10 de xuño Santísimo Cristo da Victoria
10 de agosto San Lourenzo

SANXENXO
01 de abril Luns de Pascua
04 de setembro Santa Rosalía

SILLEDA
19 de agosto
19 de setembro

SOUTOMAIOR
01 de abril Luns de Pascua
06 de agosto San Salvador

TOMIÑO
12 de febreiro Martes de Entroido
09 de setembro Luns do Alivio

TUI
12 de febreiro Martes de Entroido
08 de abril Luns de San Telmo

VALGA
26  de xullo Santa Ana
16 de agosto San Roque

VIGO
01 de abril Reconquista da Cidade
16 de agosto San Roque

VILABOA
12 de febreiro Martes de Entroido
11 de novembro San Martiño

VILA DE CRUCES
12 de agosto Festas Patronais Nosa Señora da Piedade
13 de agosto

VILAGARCÍA DE AROUSA
22 de maio Santa Rita
16 de agosto San Roque

VILANOVA DE AROUSA
15 de xaneiro San Mauro
16 de setembro San Cibrán


TERCEIRO.—

Consonte co disposto no artigo 48.7 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as festas laborais sinaladas, tanto as de carácter autonómico coma local, terán a consideración de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos

CUARTO.—OBRIGATORIEDADE DO CALENDARIO.

En virtude do disposto no artigo 34.6 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento e consulta dos traballadores, o calendario laboral. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Vigo, 2 de outubro de 2012 —A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce.