Concurso de traslados: se o último día para tomar posesión é festivo prorrógase ao seguinte hábil.


20 nov 2012


Ante as dúbidas e consultas xurdidas, realizamos unha consulta no Ministerio de Xustiza en relación aos prazos para a toma de posesión dos destinos obtidos no concurso de traslados, que se publicará no BOE de mañá 21 de novembro, no caso de que o último día do prazo coincida en día festivo ( local, autonómico ou nacional) e contestáronnos que, en aplicación da lexislación vixente, se o último día de prazo é inhábil se entenderá prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Por exemplo, os funcionarios dos corpos de Xestión e Auxilio, que cesan o día 3 de decembro, que se trasladen a distinta C. Autónoma como teñen 20 días para tomar posesión, o último día sería o 26 de decembro.